galego português nederlands français englisth español
Comunitario  |  Civil  |  Traballo  |  Estranxería  |  Inmobiliario  |  Marítimo  |  Internacional |  Penal
CONSULTAS XURÍDICAS EN LIÑA


Pasos a seguir:

Se non pode acudir ó noso despacho, ofrecémoslle a posibilidade de realiza-la súa consulta xurídica a través de Internet.

A continuación, indicámoslle tódolos pasos a realizar:

1.- Deberá cumplimentar o formulario que atopará ó pé de páxina explicándonos o seu problema. Lóxicamente, garantizámoslle a súa cofidencialidade, sendo o noso deber de gardar o segredo profesional.

2.- Unha vez cumplimentado o formulario e unha vez teña feito clic no botón aceptar, aparecerá unha páxina na que se lle comunicará se os datos foron procesados axeitadamente. Unha vez que apareza a mencionada páxina, deberá escoller o xeito de pagamento a fin de facer efectivos os honorarios.

3.- Unha vez sexan aboados o honorarios ó avogado especialista que lle sexa asignado, procederase a responde-la súa consulta xurídica, recibindo en menos de 72 horas (excepto días festivos, fins de semana e mes de agosto) dende o abono dos honorarios á desposta á mesma.

4.- No caso en que recibida a desposta por un dos nosos avogados, houbera algún aspecto de ésta que non lle quedara claro, pode escribir un correo electrónico ó e-mail xeral: info@bouzainternational-lawyers.eu e recibirá un correo electrónico aclarando o aspecto que non teña claro.

Honorarios e momento de abono dos mesmos.
Os honorarios totais para dar unha desposta á súa consulta a través de internet, ascende a 50 euros.

5.- O pagamento deberá facelo mediante tarxeta de crédito/débito, a través dun sistema seguro (aceptamos visa-mastercard), a devandita opción apareceralle unha vez teña cumplimentado o formulario que aparece a continuación.

6.- Formulario para realiza-la consulta.
Cumprimente o formulario que lle aparecerá despois de face-lo pago, se desexa que os nosos avogados atenden a súa consulta. Nun máximo de 72 horas (excepto festivos, fins de semana e mes de agosto) dende o abono dos nosos honorarios recibirá a desposta á súa consulta. Non se esqueza de cumplimentar o formulario con tódolos datos e sinale, por favor, o seu país de procedencia. Teña en conta que as consultas jurídicas provenientes doutros países diferentes a España, limítanse soamente ó dereito comunitario da Unión Europea, ó dereito internacional e ás cuestións xurídicas que puidesen exporse con relación ó dereito español.

acepto as condicións

 

BOUZA INTERNATIONAL LAWYERS · C/Ronda de Don Bosco nº 44, 1º, C.P. 36202 - Vigo - España · T: (+34) 986 442 072 · Aviso legal